InicioSucesosUn condutor borracho e drogado causou unha colisión en cadea en Vigo

Un condutor borracho e drogado causou unha colisión en cadea en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo tramitou dilixencias de denuncia nos últimos días contra varios condutores por delitos contra a seguridade viaria, tras dar resultado positivo no test de alcoholemia tras verse implicados en diferentes accidentes.

Así, á primeira hora da mañá deste venres, a Policía acudiu á rúa Urzáiz tras rexistrarse unha colisión en cadea. Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que un dos coches implicados impactara e causado danos a outros dous turismos.

O condutor deste vehículo, C.B.M., de 22 anos de idade, presentaba síntomas de estar baixo a influencia do alcol, polo que foi sometido a un test de alcoholemia que arroxou o resultado de 1,01 e 0.96 mg/l (o cuádruplo do máximo permitido, o que converte os feitos en suposto delito contra a seguridade viaria). Así mesmo, deu positivo no test de drogas para cocaína.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...