InicioVigo e contornaVigoVigo necesita "máis que nunca" o BNG para non perder "oportunidades" segundo...

Vigo necesita “máis que nunca” o BNG para non perder “oportunidades” segundo Pontón

"O BNG foi a única alternativa política no últimos catro anos cun traballo que combinou a crítica con propostas, alternativas e solucións", recalcou a portavoz nacional do BNG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliñou este xoves que Vigo “merece máis que unha confrontación inútil e partidista”, que lle fai perder “oportunidades”, e chamou aos vigueses a apostar, o próximo 28 de maio, polo proxecto de futuro que ofrece a formación nacionalista, co candidato Xabier Pérez Igrexas á fronte.

Segundo subliñou Pontón, a cidade “necesita máis que nunca ao BNG” e sempre que o Bloque foi decisivo no goberno local “a cidade avanzou”. “O BNG foi a única alternativa política no últimos catro anos cun traballo que combinou a crítica con propostas, alternativas e solucións”, recalcou, no acto de presentación do primeiro tramo da candidatura viguesa, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Respecto diso, defendeu o proxecto dos nacionalistas, centrado en construír “unha cidade para as persoas”, con mellores servizos públicos, máis sustentable e con máis xustiza social. Tamén apostou por fortalecer o tecido económico e industrial para xerar riqueza e emprego, para que Vigo recupere o seu papel como “motor” de Galicia e sexa referente en sectores estratéxicos como o naval, a pesca e a automoción.

Ana Pontón, tras asegurar que “outro Vigo e outra Galicia son posibles”, trasladou a súa confianza en que o 28 de maio o BNG será “a forza que máis suba”, multiplicando o seu número de concelleiros e alcaldes e alcaldesas. “Afianzando así o cambio galego, avanzado no reto de darlle a Galicia, por primeira vez na súa historia, un goberno e unha presidenta coas mans libres para defender os intereses de Galicia”, sentenciou.

CANDIDATO Á ALCALDÍA

Pola súa banda, o candidato á Alcaldía, Xabier Pérez Igrexas, subliñou que o 28 de maio dáse a oportunidade de sacurdirse “a inercia paralizante” do actual goberno local, e avanzar cara a unha cidade “máis habitable e máis verde, igualitaria e socialmente xusta“.

Así mesmo, puxo en valor o equipo que lle acompañará nestes comicios, unha candidatura “potente e ambiciosa”, plural, con perfís diversos e renovada, “con vigueses e viguesas comprometidos, xente honesta, traballadora, que ama á cidade e ao país”.

Ademais da cabeza lista, completan os primeiros postos da candidatura do BNG en Vigo o número 2, Ana Martínez, traballadora da Universidade de Vigo e responsable de Cultura do BNG da cidade; no posto 3 estará Filipe Abalde, adestrador e preparador físico, vinculado tamén ao mundo audiovisual; no posto 4 estará a avogada Elsa Quintas, activista de ‘Queremos Galego’; e no posto 5, estará Brais Ruanova, que foi responsable comarcal de Galiza Nova e traballador do sector agroquímico.

O dez primeiros postos da candidatura complétanse coa deputada autonómica Carmela González; o responsable comarcal do BNG, Manuel Caride; a activista social Olaia Chaves; a independente Aclamación Vaqueiro, docente e exdirector do Arquivo Pacheco; e a enfermeira Pilar Rodríguez, secretaria comarcal de CIG-Saúde.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...