InicioSociedadeO comité de Vitrasa estuda ampliar os paros ante novos atrasos nos...

O comité de Vitrasa estuda ampliar os paros ante novos atrasos nos pagos

Lamentan que nin a empresa nin o Concello desen pasos para negociar o convenio

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité da empresa Vitrasa, concesionaria do bus urbano en Vigo, confirmou este xoves que estuda ampliar os paros que manteñen actualmente, estendéndoos a xornadas completas, no marco das protestas que levan a cabo para reclamar a negociación do convenio.

Así o trasladou a Europa Press o presidente do órgano de representación dos traballadores, Imanol Arnoso (CIG), que lamentou que, tras meses de conflito, nin a empresa nin o Concello, “responsable último do servizo”, desen pasos para que o persoal logre un marco de relacións laborais que respecte os seus dereitos.

Así mesmo, Arnoso confirmou “un pequeno atraso” no pago das nóminas de febreiro, e a ausencia, nesas nóminas, dunha prima chamada “de absentismo” que se cobra ese mes. Segundo apuntou, este pago foi obxecto de controversia e os traballadores acudiron aos tribunais, que lles deron “a razón”. “Agora usan iso como escusa para dicir que están recalculando a prima e atrasar o seu pago”, engadiu o presidente do comité.

Pola súa banda, o sindicato UGT remitiu un comunicado no que insta o alcalde, Abel Caballero, a “intervir” no conflito e deixar “mirar para outro lado”, tendo en conta que os traballadores xa se están vendo afectados os seus salarios.

Mentres, o persoal mantén as protestas en cada quenda de traballo, e cambiará os paros do mediodía, para facelas de 13,30 a 15,30 horas.

ÚLTIMAS

Confirmado como crime machista a morte da nova de 36 anos atopada o venres en Baiona

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este luns que Estela B.S., de...

Vigo activará o plan especial para tráfico no Nadal este sábado coincidindo co aceso da iluminación para as festas

O Concello de Vigo activará este sábado o seu plan especial de tráfico e...

ANPAS de Vigo entregan mil firmas no Concello para a axilización de bolsas de comedor

Representantes da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS) presentaron este luns no rexistro do Concello...

A UVigo dentro do estudo internacional máis ambicioso sobre neutrinos

Investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade...