InicioEconomíaUn modelo 'made in Vigo', entre os coches máis vendidos en febreiro...

Un modelo ‘made in Vigo’, entre os coches máis vendidos en febreiro en España

As vendas de coches caen un 2,1% en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Peugeot 2008, que se fabrica na factoría de Stellantis Vigo, situouse como o terceiro modelo máis vendido a nivel nacional no mes de febreiro, só por detrás do Dacia Sandero, que ocupou a primeira posición con 2.427 unidades, e do Seat Arona, con 2.385 unidades.

En concreto, as vendas do ‘made in Vigo’ alcanzaron as 1.906 unidades o mes pasado, pechando o podio dos coches máis ‘populares’ en España. En cuarto lugar situouse o Toyota C-HR, con 1.713 unidades, empatado co Seat Ateca, modelo do que tamén se matricularon 1.713 unidades.

AS VENDAS DE COCHES CAEN UN 2,1% EN GALICIA

As matriculacións de turismos e todoterreos alcanzaron as 1.913 unidades en Galicia durante o mes de febreiro, o que supón unha caída do 2,1% en relación co mesmo mes de 2022. Esta cifra dista da rexistrada a nivel nacional, xa que no total de España o mes pasado vendéronse 74.001 coches, un 19,2% máis que en febreiro do exercicio previo.

Do total de coches vendidos en Galicia o mes pasado, 691 eran de gasolina, un 13,1% menos, mentres que 280 eran de diésel, un 13% menos e 942 doutros métodos de propulsión (+12,5%), incluíndo modelos eléctricos, híbridos enchufables, híbridos convencionais, de hidróxeno ou de gas.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...