InicioPolíticaO PSOE acusa á Xunta de levar a Mos investimentos "con tal...

O PSOE acusa á Xunta de levar a Mos investimentos “con tal de que non se fagan en Vigo”

Critican as declaracións da alcaldesa de Mos, que enmarcan nun "ataque sistemático" da Xunta a Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación do PSdeG-PSOE de Vigo denunciou este mércores que a Xunta de Galicia “propicia” os investimentos e a creación de dotacións en Mos, “con tal de que non se fagan” na cidade olívica, nunha “permanente estratexia de acoso e derriba“.

Así o trasladou, en declaracións remitidas aos medios, a portavoz da Executiva socialista viguesa, Yolanda Aguiar, quen se referiu ao acto deste martes na localidade veciña de Mos, onde o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a primeira das actuacións previstas no complexo de O Rebullón, e onde a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, celebrou os investimentos no municipio, unha localidade “aberta” e disposta a acoller industrias, colexios ou cidades deportivas que non estean en Vigo.

Segundo Yolanda Aguiar, estas palabras de Nidia Arévalo “serían irrelevantes” se non fosen porque se enmarcan nun “ataque sistemático” da Xunta e de Alfonso Rueda á cidade de Vigo. “É unha permanente estratexia de acoso e derriba, pretenden descapitalizar a cidade de infraestruturas e dotacións que lle corresponderían por dereito, por ser a principal cidade de Galicia”, denunciou.

Yolanda Aguiar criticou que o goberno galego actúa de igual modo coas subvencións, na súa “inmensa maioría” outorgadas sen réxime de concorrencia competitiva nin transparencia, incidiu. “Úsanse para facer política sectaria e de partido, beneficiando aos municipios gobernados polo PP, e sempre atacando á cidade de Vigo”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...