InicioSucesosDetidos dous homes no recinto de colectores do Porto de Vigo por...

Detidos dous homes no recinto de colectores do Porto de Vigo por un delito de roubo con forza

A investigación continúa aberta, non se descartan máis detencións e a posible imputación dun delito de tráfico de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os axentes da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous individuos por un delito de roubo con forza no recinto de colectores do Porto de Vigo. A investigación continúa aberta, non se descartan máis detencións e a posible imputación dun delito de tráfico de drogas.

Segundo trasladou a Policía Nacional nun comunicado, desde o ano pasado o grupo de investigación (UDYCO) desta comisaría ten constancia dun grupo que realizaba tarefas de vixilancia nos arredores do porto, o que fixo sospeitar que puidesen estar a controlar a chegada de colectores, ocultando na súa interior sustancia de orixe ilegal.

Deste xeito, na madrugada do día 24 os axentes localizan a dous individuos que forzan o precinto dun dos colectores. Ao verse sorprendidos, un deles foxe á carreira e é localizado nos arredores do porto, mentres a outra persoa é detida no lugar dos feitos, onde se interveñen distintas ferramentas.

Así, o Servizo de Vixilancia Aduaneira informa da aprehensión dunha gran cantidade de cocaína poucos días atrás oculta nun colector, coincidindo co mesmo que estaba a ser manipulado polos dous detidos.

Os axentes sinalaron que “todo parece apuntar” que o obxectivo final dos dous detidos, “era retirar a sustancia estupefaciente que se atopaba oculta nun compartimento dese colector”.

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...