InicioEconomíaO Porto de Vigo pechou xaneiro cun aumento do 8 % en...

O Porto de Vigo pechou xaneiro cun aumento do 8 % en tráfico de automóbiles, aínda que con caídas en pesca

Isto a pesar do momento crítico que afecta a esta industria e ás continuas paradas de produción na planta do grupo Stellantis na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo pechou o mes de xaneiro cun aumento de algo máis do 8 % no tráfico de automóbiles, a pesar do momento crítico que afecta a esta industria e ás continuas paradas de produción na planta do grupo Stellantis na cidade.

Segundo os datos dados a coñecer este venres na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, as mercadorías que tiveron un mellor comportamento no primeiro do ano, ademais dos automóbiles, son os produtos químicos (+83,47 %), o granito en bruto (+76 %), o cemento (+19 %) ou as conservas (+42 %).

Por contra, experimentaron descensos a lousa (-44 %), fariñas de peixe (-38 %), metais (-30,8 %) ou os alimentos (-19,7 %). Así mesmo, caeu un 7,30 % o movemento de pesca conxelada e un 14 % o tráfico de pesca fresca (aínda que aumentou o seu valor de venda en lonxa un 3,2 %).

O presidente do Porto, Jesús Vázquez Almuíña, referiuse, a preguntas dos medios, á convocatoria de folga en empresas de estiba, consignatarias e axencias marítimas da provincia, con paros os días 13, 20 e 27 de marzo. Segundo apuntou, a previsión é que a terminal viguesa sufra unha “incidencia moi pequena”, aínda que trasladou o seu desexo de que haxa un achegamento entre as partes para evitar o conflito.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...