InicioEconomíaAbel Caballero non intervirá no conflicto laboral de Vitrasa: "Non é función...

Abel Caballero non intervirá no conflicto laboral de Vitrasa: “Non é función do Concello”

Os traballadores ameazan con folga indefinida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a referirse a a situación que vive a concesionaria do transporte urbano de Vigo, Vitrasa, asegurando que “non é función do Concello intervir nun conflito laboral entre traballadores e empresarios dunha compañía”.

En rolda de prensa, tras ser preguntado sobre se o goberno local ten intención de mediar entre empregados e Vitrasa ao tratarse dunha concesión pública, Caballero limitouse a dicir que “non é función do Concello”. Todo iso nun contexto onde os traballadores de Vitrasa levan meses con protestas e paros parciais para forzar á empresa a que negocie un novo convenio colectivo que mellore as condicións laborais.

Neste sentido, criticaron en varias ocasións ao rexedor, ao que ven como “ultimo responsable” da situación e pídenlle que “mova ficha” para que medie coa empresa. Así mesmo, lamentaron que Abel Caballero “se desentenda” do conflito, pero acuda a “facerse unha foto” cando a compañía presenta novos autobuses. Precisamente esta semana os empregados valoraron levar a cabo unha folga indefinida se non se remedia a situación.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...