InicioEconomíaStellantis volve deter parte da súa produción a partir deste venres

Stellantis volve deter parte da súa produción a partir deste venres

A empresa informou aos seus traballadores do paro debido á falta de aprovisionamentos.

PUBLICADO O

Stellantis Vigo informou aos seus traballadores que volverá parar parte da súa produción a partir deste venres, día 17 de febreiro, debido á falta de aprovisionamentos.

En concreto, a quenda de noite do Sistema 1 da factoría olívica parará o venres, así como o tres quendas desta liña o vindeiro luns, día 20. A actividade renovarase o martes ás 06,00 horas.

“Por causas de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 1 na quenda de noite do venres 17 e no tres quendas do luns 20 de febreiro”, indicou a empresa.

Precisamente este pasado mércores esta liña 1 da planta viguesa tamén parou a súa produción polos mesmos motivos. Nos últimos meses, Stellantis Vigo viuse obrigada a deter a súa actividade en innumerables ocasións por falta de pezas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...