InicioSociedadeOs traballadores de Vitrasa concéntranse e o comité apunta a unha folga...

Os traballadores de Vitrasa concéntranse e o comité apunta a unha folga indefinida

Os traballadores lamentan a inacción do goberno local, que non recibiu aos traballadores en máis de dous anos de conflitos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, valora a convocatoria dunha folga indefinida a partir de marzo, tras meses de paros parciais para reclamar a actualización do seu convenio sen que nin a empresa nin o Concello movesen ” ficha”.

Así o trasladou o vicepresidente do comité, Fernando Pérez, en declaracións aos medios durante unha concentración de traballadores da concesionaria ante o Consistorio da cidade. Segundo lembrou, o alcalde non recibe aos representantes dos traballadores, a pesar de que o persoal está a realizar mobilizacións desde finais de 2020, cando caducou o seu convenio colectivo.

Os empregados reclaman actualizar o seu marco laboral para recuperar o poder adquisitivo perdido, e unha mellor regulación das súas condicións de traballo e descanso, xa que realizan xornadas de ata 10 horas e están condicionados por uns horarios que non se flexibilizan, aínda que as rutas estean afectadas por obras ou desvíos.

UN CONFLITO CON ORIXE NO 2020

Lonxe de achegar posturas, empresa e traballadores non sentan a negociar desde agosto do ano pasado. A concesionaria tentou aplicar un ‘descolgue salarial’, deixando sen efecto o convenio para poder rebaixar os soldos un 30 %, alegando perdas económicas.

Así mesmo, o rexedor deslizou nas últimas horas que os soldos dos empregados de Vitrasa están por encima dos estipulados no convenio provincial do transporte de pasaxeiros en bus. A esta consideración, os traballadores responderon lembrando ao rexedor que o seu soldo se basea no seu convenio propio.

CRÍTICAS DO BNG

Na concentración de traballadores que tivo lugar este xoves, participaron os portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, e de Marea de Vigo, Rubén Pérez, así como o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Iglesias, que previamente mantivo unha reunión cunha delegación do persoal.

Precisamente, Pérez Iglesias sinalou que o conflito xa dura máis dous anos, e que ten dous responsables, a concesionaria que “practica a pirataría empresarial”, e o alcalde e o seu goberno, que se situaron “de maneira deliberada” como “cómplices” de Vitrasa.

Sobre as declaracións de Caballero acerca dos soldos dos traballadores, o nacionalista replicou apuntando que “para salarios moi dignos, os do grupo municipal socialista, que están moi por encima das retribucións de traballadores e traballadoras”.

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...