InicioSucesosPetición de cadea para unha parella de Vigo por ameazar aos seus...

Petición de cadea para unha parella de Vigo por ameazar aos seus veciños con “cortarlles a cabeza”

Era "habitual" que a acusada, a altas horas da madrugada, petase con forza a parede (compartida coa vivenda dos veciños) e gritase "levantádevos mouros de merda, vouvos cortar a cabeza".

PUBLICADO O

A Fiscalía pide un ano de cárcere e multa de 540 euros, respectivamente, para un home e unha muller, parella, que supostamente ameazaron aos seus veciños exhibindo armas e gritándolles que lles ían a “cortar a cabeza”.

O xuízo contra estes dous acusados está sinalado para este xoves ás 10,30 horas no xulgado do Penal 2 de Vigo, aínda que hai posibilidade de que se suspenda, debido á folga que manteñen os Letrados da Administración de Xustiza desde fai tres semanas.

Segundo o escrito de acusación pública, na tarde noite do 28 de xullo de 2019, un home que saía do seu domicilio na cidade olívica atopouse, no camiño de acceso, co seu veciño, o acusado, con quen mantiña unha mala relación.

O procesado estaba sentado sobre unha bombona e portaba unha escopeta de balines nunha man, e un pau de bambú con dous coitelos atados no seu extremo na outra man. Exhibindo estas armas e intimidando ao seu veciño, dirixiuse a el dicíndolle: “Vouche a cortar o pescozo, non vas saír vivo”.

O veciño, amedrentado, refuxiouse na súa casa e chamou á Policía, que se presentou no lugar e interveu as armas do sospeitoso.

Por outra banda, a Fiscalía dirixe a acusación tamén contra a parella deste procesado, á que acusa de ameazar á parella do seu veciño, con frases do tipo “niñata, vouche cortar a cabeza”. Así mesmo, sostén o ministerio público, era “habitual” que a acusada, a altas horas da madrugada, petase con forza a parede (compartida coa vivenda dos veciños) e gritase “levantádevos mouros de merda, vouvos cortar a cabeza”.

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao acusado autor dun delito de ameazas, e pide que sexa condenado a 1 ano de prisión, e que se lle impoña a prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 300 metros dos seus veciños por un período de 2 anos.

Para a súa parella, por un delito leve de ameazas, pide multa de 540 euros e prohibición de comunicarse ou achegarse a menos de 200 metros dos seus veciños durante 6 meses. Ademais, reclama que o acusado indemnice ao seu veciño en 200 euros, e que a acusada compense á súa veciña en 180 euros, en ambos os casos polos danos morais causados.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...