InicioCulturaWilco, primeira confirmación do terceiro Espazo Fest de Nigrán

Wilco, primeira confirmación do terceiro Espazo Fest de Nigrán

A banda estadounidense actuará no Pazo de Urzáiz o 20 de agosto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Espazo Fest, o festival que se desenvolve en varios pazos de Nigrán, anunciou este martes a primeira banda confirmada da súa terceira edición, os estadounidenses Wilco, que pasará polo Pazo de Urzáiz o próximo 20 de agosto.

Segundo trasladou a organización nun comunicado, a edición anterior de festival, que mestura o patrimonio natural e cultural dos Pazos de Nigrán coa música en directo, albergou máis de 6.000 asistentes entre todas as súas actuacións.

Deste xeito, indicaron que “nas próximas semanas” anunciaranse máis artistas “de renome” que actuarán en diversos pazos do concello entre os meses de xullo e agosto. As entradas para o concerto de Wilco xa están dispoñibles a un prezo de 30 euros as 1.000 primeiras, mentres que as restantes estarán a 35 euros.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...