InicioVigo e contornaMosA biblioteca integral de Mos verá finalizadas as obras de reforma integral...

A biblioteca integral de Mos verá finalizadas as obras de reforma integral en abril

Tamén se dotará de novo mobiliario con materiais ergonómicos e adaptados, mellorarase a iluminación e instalarase un sistema de proxección audiovisual para presentacións e exposicións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A reforma integral da biblioteca municipal de Mos, na que a Xunta colabora cunha achega de 250.000 euros, estará terminada en abril, segundo confirmou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita a este municipio.

O proxecto de reforma prevé, entre outras accións, habilitar novos espazos infantís, tecnolóxicos e audiovisuais, e a achega da Xunta enmárcase no compromiso de modernizar estas infraestruturas culturais de proximidade.

Segundo lembrou o conselleiro, esta é unha das liñas de actuación do novo Plan Xeración Cultura, a folla de ruta de 2023 para “acompañar a expansión do sector cultural”, cunha batería de medio centenar de medidas, e cun investimento global de 34 millóns de euros.

Este plan ten como obxectivo fundamental o acceso á cultura de todas as persoas e en todos os lugares, e Román Rodríguez puxo en valor o “avance significativo” que supón para os veciños de Mos contar cunha biblioteca municipal modernizada, a nova biblioteca María Magdalena.

Neste centro, incluirase unha zona infantil de lectura, unha sala de estudo, e áreas de informática. Tamén se dotará de novo mobiliario con materiais ergonómicos e adaptados, mellorarase a iluminación e instalarase un sistema de proxección audiovisual para presentacións e exposicións.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...