InicioSucesosDeteñen un home en Vigo logo de dar varias puñadas e tirar...

Deteñen un home en Vigo logo de dar varias puñadas e tirar ao chan á súa esposa en plena rúa

A moza actuou nos mesmos termos, tratando de entorpecer e dificultar a detención do home, polo que tamén foi reducida e inmobilizada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, C.C.T. de Vigo e 34 anos de idade, foi detido o pasado luns na cidade olívica tras agredir á súa esposa en plena rúa, dándolle varias puñadas e tirándoa ao chan.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 16,40 horas, cando un veciño alertou de que na rúa Coruña un home estaba a pegar a unha moza. Unha vez no lugar, os axentes non localizaron aos aludidos, pero posteriormente escoitaron uns berros na rúa Arquitecto José Barbón.

Alí, as testemuñas manifestaron observar como o home propinara varias puñadas no ombreiro e no rostro á muller, de 21 anos, que trataba de recoller unha maleta que levaba, empuxándoa ao agacharse.

Pola súa banda, o home indicou que era a súa esposa e que discutiran debido a que, ao seu xuízo, ela era “moi celosa”. No momento que foi informado de que ía ser detido, comezou a mostrar unha actitude agresiva, ofrecendo unha forte resistencia activa ao labor dos funcionarios, tratando mesmo de agredilos.

A moza actuou nos mesmos termos, tratando de entorpecer e dificultar a detención do home, polo que tamén foi reducida e inmobilizada. Finalmente, foi detido pola presunta comisión dun delito de violencia de xénero.

Ademais, tras un cacheo superficial, incautáronse catro desaparafusadores, catro cogollos de marihuana e unha navalla, tramitándoselle á súa vez a correspondente proposta de sanción administrativa por portar eses elementos.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...