InicioSucesosDetida unha muller por tentar agredir un axente que a identificou por...

Detida unha muller por tentar agredir un axente que a identificou por negarse a pagar un servizo de taxi en Vigo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha veciña da cidade, S.V.G., de 47 anos de idade, como presunta autora dun delito de desobendiencia e resistencia, ao rexeitar identificarse e tratar de agredir a un funcionario, despois de negarse a pagar un servizo de taxi.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha veciña da cidade, S.V.G., de 47 anos de idade, como presunta autora dun delito de desobendiencia e resistencia, ao rexeitar identificarse e tratar de agredir a un funcionario, despois de negarse a pagar un servizo de taxi.

Os feitos ocorreron a última hora da tarde do pasado domingo, cando o 092 recibiu unha chamada dun taxista que informaba de que dúas clientas se negaban a pagarlle unha carreira, e que o estaban insultando e comportándose de forma violenta.

Unha patrulla presentouse na zona do incidente, na rúa Camilo Veiga, de Bouzas. Segundo o chofer, recollera a estas dúas mulleres en Samil e para levalas ao centro da cidade. Durante o percorrido, as clientas comportouse de forma pouco cívica, abrindo as portas do vehículo.

Ao ser recriminadas, denunciou o taxista, comezaron a golpear o biombo do vehículo e os asentos traseiros, causaron danos e macharon a tapicería, mentres insultaban ao condutor. O chofer, ante esta actitude, detivo a carreira e esixiulle que pagasen os 14,85 euros que debían e abandonasen o taxi, pero as clientas negáronse a abonar o servizo.

As clientas estaban nunha parada de bus nas inmediacións, polo que os axentes dirixíronse a elas. Unha das mulleres accedeu a identificarse, pero a outra se negou a dar información, enfrontouse aos axentes e tratou de agredilos.

A pesar das advertencias dos policías, a muller mantivo a súa actitude, polo que acabou detida, como presunta autora dun delito de desobediencia e resistencia.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...