InicioEconomíaZona Franca selecciona catro propostas para converter as súas instalacións de López...

Zona Franca selecciona catro propostas para converter as súas instalacións de López Moura nun Centro de Negocios

Catro propostas de multipremiados estudos de arquitectura son as finalistas do concurso que abriu a Zona Franca de Vigo para o Centro de Negocios no que prevé converter as súas instalacións da rúa López Moura da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro propostas de multipremiados estudos de arquitectura son as finalistas do concurso que abriu a Zona Franca de Vigo para o Centro de Negocios no que prevé converter as súas instalacións da rúa López Moura da cidade olívica.

En concreto, trátase do Estudo Carme Pinós; a UTE Patxi Mangado e Asociados e Pablo Menéndez; a UTE Irisarri-Piñera e Elizabeth Abalo Díaz con Gonzalo Alonso Núñez, así como a UTE de José Manuel Casabella con Esteban Bonell, José María Gil Guitart e José Luís Martínez Raído.

“Será un novo edificio de servizos para o ámbito académico e empresarial que constituirá unha icona representativa no centro da cidade”, reivindicou o delegado do Estado, David Regades, nunha visita á zona levada a cabo este luns, na que estivo acompañado polo alcalde, Abel Caballero.

“A arquitectura é unha forma de construír as cidades porque é a utilidade, a admiración, o uso e a vida da cidade. Este é un paso moi importante porque aquí haberá cidade, tecnoloxía, economía, estudantes, xente maior e en definitiva cidade”, subliñou o rexedor.

Un total de once propostas de 19 estudos de arquitectura, aglutinados en UTE e tamén de forma individual, presentáronse ao concurso convocado por Zona Franca para atopar o mellor proxecto para o seu Centro de Negocios.

“Temos previsto construír un gran Centro de Negocios en Vigo sobre a base do conxunto de edificios de López Moura. Será un edificio de servizos para o ámbito académico e empresarial que constituirá unha icona representativa no centro da cidade, no que non só se repliquen as experiencias aprendidas no resto de centros de negocios desenvolvidos polo Consorcio, senón tamén que dea acollida a novas experiencias e atenda a novas demandas dentro do contexto social e empresarial dos novos tempos”, explicou Regades.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...