InicioSociedadeO PSOE de Vigo pídelle á oposición que dimita ante o "fracaso"...

O PSOE de Vigo pídelle á oposición que dimita ante o “fracaso” da concentración do domingo

Na manifestación pediron ao goberno local que "escoite e respecte" ao movemento asociativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal socialista do Concello de Vigo, Carlos López Font, cualificou de “fracaso” a concentración levada a cabo este pasado domingo para pedir ao goberno local que “respecte” ás asociacións sociais da cidade.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, López Font asegurou que os 17 colectivos que organizaron a manifestación eran o BNG, o PP e Marea de Vigo “disfrazados”, polo que pediu á oposición que dimita tras a acollida deste encontro.

“Deben de asumir as súas responsabilidades por este fracaso. Vigo vive un gran momento e BNG, PP e Marea mostran a súa desesperación porque non soportan este progreso da cidade”, sentenciou o concelleiro socialista.

Na mesma liña falou o alcalde, Abel Caballero, que pediu aos xornalistas que lle preguntaron por estes actos que conten canta xente acudiu á protesta. “As manifestacións mídense polo número de xente que acode non por cantos a convocan”, sentenciou, sen querer dar a súa opinión sobre o ocorrido.

Todo iso despois de que este domingo centenares de persoas manifestásense na Porta do Sol de Vigo, convocadas por máis de 15 asociacións sociais, para pedir ao goberno local que “escoite e respecte” ao movemento asociativo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...