InicioSociedadeInvestigadores da UVigo constatan que os microplásticos poden perturbar a maduración sexual...

Investigadores da UVigo constatan que os microplásticos poden perturbar a maduración sexual do bacallau atlántico

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo liderado por científicos do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) constatou que a contaminación mariña por microplásticos pode pertubar a maduración sexual do bacallau atlántico, segundo publícase na revista Environmental Pollution.

María Fernández e Pablo Presa, do Laboratorio de Recursos Xenéticos Mariños do CIM, levaron a cabo este estudo, xunto con investigadores do Instituto Noruegués de Investigación Alimentaria e das universidades Aarhus (Dinamarca) e Tromso (Noruega).

Nesta investigación avaliáronse os efectos da inclusión de microplásticos na dieta sobre a fisioloxía reprodutiva do bacallau e, aínda que se determinou que a curto prazo non provocaría efectos biolóxicos, os perfís de expresión génica observados suxiren que pode haber consecuencias a longo prazo (tendo en conta o esperado aumento deste tipo de contaminación nos ambientes mariños).

A parte experimental do estudo desenvolveuse entre xuño de 2017 e maio de 2018, cando a investigadora principal, María Fernández, estaba a realizar unha estancia predoutoral en Noruega (en cuxas augas atópanse as poboacións máis grandes de bacallau). “Dividimos os reprodutores de cría de bacallau en dous grupos, un alimentado con penso control, e outro con penso que contiña un 1 % de microplásticos”, explicou a científica da UVigo.

A análise posterior revelou que os niveis de esteroides sexuais aumentaron co paso do tempo, pero sen diferenza significativa entre os dous grupos. Pero ao analizar os xenes relacionados coa maduración sexual e reprodución, viuse que os niveis de expresión génica de dúas encimas presentaban diferenzas entre tratamentos. “Este pode ser un efecto directo dos microplásticos introducidos na dieta, pero non se poden descartar completamente os efectos de alteración endocrina dos aditivos plásticos potencialmente lixiviables”, indicou a investigadora.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...