InicioSociedadeO tren a Bouzas é "imprescindible" para Almuíña e compara o seu...

O tren a Bouzas é “imprescindible” para Almuíña e compara o seu impacto coa saída sur

O presidente do Porto de Vigo, sinalou que o organismo non quere deseñar o trazado, mais expresou o seu acordo con que sexa unha conexión subterránea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, reiterou este martes a necesidade de que a terminal de Bouzas conte cunha conexión ferroviaria para non frear a competitividade das instalacións, e rexeitou as acusacións do alcalde sobre os danos que causaría construír o trazado, e que comparou co impacto que poida ter o saída sur cara á fronteira portuguesa.

Nunha rolda de prensa tras a reunión mensual do Consello de Administración, Vázquez Almuíña saíu ao paso das novas críticas de Abel Caballero, que esta semana expresou outra vez a súa oposición a esa conexión ferroviaria porque “esnaquiza” a cidade.

O presidente do organismo portuario subliñou que o tren a Bouzas é “imprescindible”, como así o valora a UE, Portos de Estado, expertos como Fernando González Laxe, e como así o mantiña “o actual alcalde cando era presidente do Porto”.

Vázquez Almuíña lamentou que Caballero fale do impacto da obra “de forma maliciosa”, e subliñou que se lle impediu “ao Porto participar no estudo de alternativas do saída sur ferroviaria”. Aínda así, expuxo varias opcións, entre as que está a conexión dun ramal desde Bouzas co saída sur en Sárdoma.

Con todo, sinalou que o Porto non quere deseñar o trazado, algo que deben facer os técnicos, pero expresou o seu acordo con que sexa unha conexión subterránea. Nese sentido, recalcou que “non é verdade que esnaquizaría a cidade” ou, en todo caso, a ‘desfeita’ sería comparable ao do saída sur, que debe discorrer por baixo de varias rúas ata saír en Sárdoma.

Segundo o presidente do Porto de Vigo, a posta en marcha desta conexión por tren, que permitiría comunicar a terminal coa Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, suporía mover por tren unhas 320.000 toneladas de mercadorías ao ano, e iso “só ao principio”.

Finalmente, con respecto á conexión ferroviaria que xa existe a Guixar e que, segundo Abel Caballero, non é utilizada polo Porto, Vázquez Almuíña aclarou que, actualmente, esa vía só move unhas 45.000 toneladas, debido a problemas como o ancho de vía, o gálibo, a falta de apartaderos adecuados ou as pendentes.

ÚLTIMAS

Caballero “tende a man” a Rueda e pide un encontro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para...

O Concello media coa compañía eléctrica para que reactive a luz á familia do Calvario con dous fillos menores

Os servizos sociais do Concello de Vigo mediaron coa compañía eléctrica para solicitar a reactivación da...

Descenden os cuceiristas no porto de Vigo

O porto da Coruña recibiu un total de 74.263 pasaxeiros de cruceiros no primeiro...

(Vídeo) A Confederación Hidrográfica investiga o vertido da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

Este martes, representantes de Ecoloxistas en Acción, xunto con membros das traídas de auga...