InicioSucesosUn motorista ferido grave logo de ser alcanzado por un camión

Un motorista ferido grave logo de ser alcanzado por un camión

Para a atención do ferido, con importantes feridas nas pernas, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista sufriu lesións graves nas pernas tras ser alcanzado por un camión en Vigo. O sinistro produciuse no túnel de Beiramar en dirección ao Náutico.

Así o indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia ás 18,30 horas para pedir asistencia para o único ferido nesta colisión, na que se viron implicados o camión e a moto.

Para a atención do ferido, con importantes feridas nas pernas, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, tamén se informou aos axentes da Policía Local e aos bombeiros da cidade, aínda que o ferido estaba liberado e accesible.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...