O Concello de Nigrán conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller, coa inauguración este venres ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da mostra fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970, unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza e durante case un ano centos de imaxes antigas onde a muller é a protagonista.
Nesta escolma de 150 fotos os asistentes poderán ver a mulleres de
Nigrán labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras,
perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices… mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica o recoñecemento cada 8 de marzo e ás que o consistorio nigranense consagra nesta exposición.