InicioSociedadeDeu comezo a"Operación Quilo" en Vigo e A Ramallosa, co obxectivo de...

Deu comezo a”Operación Quilo” en Vigo e A Ramallosa, co obxectivo de recoller produtos básicos para o Banco de Alimentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

260 voluntarios do Banco de Alimentos participan no #MayoSolidario de Gadis en Vigo e A Ramallosa, nunha recolleita de comida que levarase a cabo este venres e mais o sábado, 25 e 26 de maio, dentro do horario comercial de cada centro nun total de 13 supermercados do grupo empresarial situados en ambas localidades, tanto Vigo como A Ramallosa (Nigrán).

Por segundo ano consecutivo, 260 voluntarios da ONG colaborarán coa súa presenza nesta acción solidaria regalando catro horas do seu tempo a favor das persoas máis desfavorecidas.

O Banco de Alimentos necesita produtos básicos como aceite, galletas, cacao, leite e todo tipo de conservas, aínda que “calquera donación, como sempre, é benvida”. Á vez que esta Operación Quilo do Banco de Alimentos, desenvólvense en distintos establecementos de Vigo e A Ramallosa, e levaranse a cabo tamén en Pontevedra e Vilagarcía, así como noutras localidades de Galicia e Castilla e León.

Gadis impulsa o #MayoSolidario desde 2013 en numerosos supermercados de Galicia e Castilla e León. A maiores das donaciones que a cidadanía poida realizar durante a campaña, o grupo empresarial comprométese a incrementar a cantidade de alimentos que, finalmente, entregarán aos Bancos de Alimentos adheridos á campaña, entre os que se atopa o de Vigo. Neste sentido, Gadis confía en superar os preto de 163.000 quilos de comida entregados durante a última edición a eses 12 Bancos de Alimentos.

Durante 2017, a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu 1,9 millóns de quilos de comida (1.896.676 quilos). A entidade apolítica e aconfesional dedica os seus esforzos a facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable.

Na actualidade, entrega axuda a uns 150 colectivos sociais que, á súa vez, distribúena a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...