InicioMedio Ambiente e PatrimonioA "granxa da vergoña" de Baiona: Un tenreiro con feridas graves, un...

A “granxa da vergoña” de Baiona: Un tenreiro con feridas graves, un cabalo famélico, cans abandonados…

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil acaba de deter ao propietario dunha pequena explotación gandeira de Baiona acusado dun delito contra a flora, fauna e animais domésticos, por maltrato e abandono de animais.

No marco das distintas actuacións que están a desenvolverse para a detección e control de actividades e condutas ilícitas relacionadas co benestar animal, os efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, en colaboración coa patrulla do Seprona de Vigo, localizaron unha pequena explotación gandeira na parroquia de Belesar, nunhas condicións hixiénico-sanitarias “bastante deplorables”, aseguran.

Auxiliados tecnicamente polos facultativos dos Servizos Veterinarios de Sanidade Animal da Xunta de Galicia, a Garda Civil levou a cabo unha inspección desta pequena explotación gandeira e no seu interior localizaron un cachorro de can con varias feridas graves que lle causarían a morte, un tenreiro con lesións cutáneas en todo o corpo e unha ferida na base dun dos cornos, ademais dun cabalo que presentaba unha extrema delgadeza por evidente falta de atención e coidados.

Restos animais na explotación gandeira/ Garda Civil

En todos estes casos, o propietario non puido acreditar que os animais recibisen a adecuada atención veterinaria. Dentro do mesma orde de actuacións tamén se determinou que, días antes á inspección, esta mesma persoa abandonara catro cans que tiña nunha edificación da leira en condicións hixiénico- sanitarias non adecuadas.

En consecuencia, onte procedeuse á detención do propietario desta explotación gandeira como presunto autor de delitos de maltrato e abandono de animais. Ao mesmo tempo, formuláronse varias de denuncias por distintas infraccións administrativas á normativa sobre animais domésticos, relacionadas principalmente co benestar animal, a falta de idoneidade dos aloxamentos, falta de alimentación e auga, hixiene animal, falta de asistencia veterinaria e rexistros documentais e sanitarios, entre outros.

ÚLTIMAS

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

A Asociación de Dano Cerebral Alento preparará a tortilla máis grande da historia de Vigo” polo seu 25 aniversario

A Asociación de Dano Cerebral Alento elaborará este sábado a tortilla "máis grande da...