InicioVal MiñorGondomarA Policía Local rescata cinco cachorros vivos tras atopar quince nun río...

A Policía Local rescata cinco cachorros vivos tras atopar quince nun río de Gondomar

O Concello comprométese a colaborar na investigación para dar cos responsables dun episodio de malos tratos animais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Gondomar descubriu este xoves 15 cachorros de can no río de Peitieiros, baixo a ponte do Salgueiro, logo do aviso dun veciño que escoitou aullidos na zona. Do total, dez atopábanse mortos mentres que cinco foron rescatados con vida e levados ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra.

O corpo policial abriu unha investigación para localizar o autor ou autores destes feitos, que cualifican de “extrema gravidade”. Tamén fixeron un chamamento á colaboración cidadá para achegar calquera información que axude a esclarecer o sucedido.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, expresou a súa “condena rotunda” a través das redes sociais: “É un acto de crueldade intolerable que nos avergoña como sociedade. Non imos permitir que feitos tan graves queden impunes”. O rexedor engadiu que o Concello poñerá todos os medios necesarios para colaborar coa investigación.

O caso súmase a outros recentes episodios de abandono e malos tratos a animais en Galicia, que seguen xerando preocupación social e reclamacións de maior protección legal e sensibilización cidadá fronte a este tipo de prácticas.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...