InicioVal MiñorGondomarAmeazas de bomba en escolas de Gondomar, Poio e Pontevedra

Ameazas de bomba en escolas de Gondomar, Poio e Pontevedra

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga varias ameazas de bomba por carta recibidas no día de hoxe en tres colexios e escolas da provincia de Pontevedra.

Segundo a Garda Civil, polo momento, son tres os centros da provincia de Pontevedra que denunciaron recibir este escrito. Serían nos concellos de Gondomar, Poio e Pontevedra.

As mesmas fontes explicaron que, en decembro, adoitan producirse estas ameazas, xa que é a época de exames. Non obstante, destavez desconcerta o feito de que se produciran alertas a nivel nacional. Ademais, polo menos no caso de Galicia, todas son escolas internacionais.

Pola súa banda, en Zaragoza, polo menos catro centros da capital aragonesa recibiron estas ameazas, polo que a Policía Nacional xa investiga a súa veracidade.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

A CIG chama a mobilizarse o 10 de marzo contra a precariedade no Día da Clase Obreira Galega

A CIG presentou este xoves en Vigo os actos previstos para o Día da...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

A Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais para adaptarse ao cambio climático nun proxecto europeo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a Universidade...