InicioCulturaBaiona inaugura unha exposición das fotografías coas que Ruth Matilda Anderson retratou...

Baiona inaugura unha exposición das fotografías coas que Ruth Matilda Anderson retratou Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona asinarán este mércores 6 de
xuño, ás 12:00 h na Casa do Concello de Baiona, un convenio de colaboración cultural
polo cal as tres entidades desenvolverán a exposición «Unha mirada de antano:
Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia».

Asisten á sinatura o alcalde do Concello de Baiona, Ángel Manuel Rodal; o director da oficina ABANCA de Baiona, Francisco Javier Rodríguez; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.

Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina
The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis
importante alén do territorio español.

Fotografía de Ruth Matilda Anderson / Lalamentable.org

As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.

A devandita exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar na Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen, 20) do 15 de xuño ao 15 de xullo de luns a domingo en horario de
19:00 a 22:00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como
“un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento
colectivo”, subliñan dende a organización.

Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, “impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade”.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...