InicioDeportesMartín Carrera e Edymar Brea, campións galegos de Tríatlon Standar sen Drafting...

Martín Carrera e Edymar Brea, campións galegos de Tríatlon Standar sen Drafting en Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Martín Carrera (Náutico de Riveira) e Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo) proclamáronse hoxe en Baiona vencedores do Campionato Galego de Tríatlon Standar sen Drafting 2018 e do IV Tríatlon Atlántico.

Martín cimentou a súa vitoria en dous sectores: a natación e a carreira a pé. O triatleta do Natación Riveira foi o mellor na natación e volveu realizar o mellor parcial na carreira a pe, o que lle permitiu ser primeiro en meta e cunha ampla vantaxe sobre o segundo clasificado.

Desta forma, o podio quedou formado por Martín Carrera (1:57:36), segundo foi o deportista do Cidade de Lugo Fluvial, Alejandro Álvarez (2:00:03) e terceiro, Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) cun tempo de 2:00:27.

Martín Carrera entra en meta / Federación Galega de Tríatlon

Na categoría feminina houbo unha absoluta dominadora da proba, que foi a venezolana asentada en Galicia, Edymar Brea. Só houbo un chisco de emoción na natación, onde Edymar foi terceira clasificada, pero no segmento de ciclismo estivo abafadora e rematou a súa exhibición nunha carreira a pe imparable.

A incerteza chegou ao remate da proba, xa que os xuíces a descualificaron por non parar nun penalti box tras recibir unha tarxeta amarela. Sen embargo, a deportista reclamou esa tarxeta e foi estimada a súa reclamación.

Desta forma, o podio feminino quedou formado por Edymar Brea (2:10:52), María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) foi segunda clasificada (2:23:03) e Aída García (Tríatlon Rías Baixas) foi bronce, cun tempo de 2:23:50.

O Campionato Galego disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pé) con saída dende a praia de A Barbeira. A principal característica desta proba é que está prohibido ir a roda doutro ciclista
ou circular en pelotón.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...