InicioVal MiñorNigránO mosaico romano de Panxón só agarda polo compromiso económico do Concello...

O mosaico romano de Panxón só agarda polo compromiso económico do Concello para a súa repatriación

A repatriación do mosaico agarda só pola sinatura do convenio por parte do Concello de Nigrán antes de que caduque o prazo dado pola galería americana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación Mosaico Romano de Panxón acaba de facer público un comunicado no que informa que acadou con éxito o obxectivo de recadación de fondos de 18.000 euros na súa campaña de micromecenado, grazas as aportacións de particulares, tanto do Val Miñor como doutras partes de España.

O Mosaico de Panxón é una peza arqueolóxica de enorme valor histórico. Trátase dun mosaico romano do século III / IV d. C., achado nas proximidades do castro de Panxón (Nigrán) no século XIX, e que foi subastado en Berlín nos anos 90, e que de dende entón sempre estivo en mans privadas ata a data de hoxe cando foi atopado de casualidade nunha galería de antigüidades en Nova York, lugar onde se atópa na actualidade.

Polo tanto, contando cos 40.000 euros comprometidos polo pleno do Concello de Nigrán, xa se podería acometer a compra do mosaico romano de Panxón, a súa repatriación e doazón ao Concello de Nigrán para o desfrute de veciños e visitantes, sendo un ben de gran valor para oferta cultural e turística do concello.

Sen prexuízo do anterior, para poder instrumentar xuridicamente a posta en disposición dos 40.000 euros e doazón da peza ao Concello unha vez adquirida, é necesaria a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación.

Esta Asociación puxo a disposición do Concello, o 27 de outubro de 2021, unha proposta de convenio para tal fin.
Os prazos son perentorios xa que o contrato de reserva do mosaico subscrito con Carlton Hobbs remata o vindeiro 28 de outubro de 2022, momento na que a peza poderá regresar ao mercado e ser adquirida por calquera persoa, perdéndose para sempre.

A repatriación do mosaico está polo tanto suxeita exclusivamente a data de hoxe a acción do Concello para implementar a súa xenerosa aportación.”

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Tres persoas feridas nun choque frontolateral entre dous vehículos en Vigo

Tres persoas resultaron feridas leves na mañá deste martes tras rexistrarse unha colisión frontolateral...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...