InicioVal MiñorBaionaCaballero ve nos servizos sanitarios do Val Miñor unha mostra "das...

Caballero ve nos servizos sanitarios do Val Miñor unha mostra “das consecuencias dos recortes” do goberno do PP

Para o dirixente socialista, os problemas de saturación e falta de persoal evidenciáronse nas listas de espera do verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “esconder a saturación” nos servizos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde a través do emprego das consultas telefónicas. Caballero pronunciou estas palabras durante a súa visita este venres ao centro de saúde de Nigrán, onde atendeu aos medios acompañado polo rexedor do municipio, Juan González, e os alcaldes dos concellos de Baiona, Carlos Gómez, e Gondomar, Paco Herrera.

Alí, o responsable socialista incidiu en que “non se pode permitir” que se empregue a “telemedicina” para “esconder o fracaso da xestión do PP na sanidade pública”.


Caballero fixo referencia ás declaracións da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo, que na Comisión de Sanidade da Cámara galega recoñeceu que o Sergas non prevé aínda abrir a petición de citas presenciais para os pacientes e que estas continuarán dependendo do facultativo.

Para o socialista, a Xunta emprega as citas telefónicas para “esconder os problemas de saturación, a falta de persoal e as listas de espera” en atención primaria despois dun verán no “evidenciáronse esperas de 26 días” para consultas co médico de cabeceira nalgunhas áreas sanitarias.

Neste sentido, censurou que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, diga que “a Xunta nin ten respostas nin ten propostas”, algo que, segundo Caballero, provoca que exista “un descontento crecente coa sanidade pública” nas comarcas galegas.

SITUACIÓN EN VAL MIÑOR

Como exemplo disto último, o responsable socialista sinalou o que ocorre nos servizos sanitarios da comarca do Val Miñor, que son unha mostra “das consecuencias dos recortes e a falta de aposta pola sanidade pública do goberno do PP”.

“A cidadanía desta área ten máis dificultades e peores prestacións das que lle corresponden”, manifestou Caballero despois de asegurar que os servizos sanitarios no Val Miñor “redúcense” no verán mentres a súa poboación “multiplícase”.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres...