InicioVal MiñorGondomarA Comunidade de Montes de Vincios di tamén non aos eólicos no...

A Comunidade de Montes de Vincios di tamén non aos eólicos no seu monte

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comunidade de Montes de Vincios (Gondomar) emitiu hoxe un comunicado público posicionándose en contra e sen paliativos, da implantación do parque eólico do Galiñeiro proxectado pola Xunta.

Para este grupo de comuneiros o monte veciñal de Vincios “é algo máis que unhas rochas onde sopla o vento.” xa que segundo sinalan “forma parte do sustento e cultura da parroquia” dende tempos inmemoriais.

Por outro lado defende a protección paixaxística da inconfundible e icónica serra do Galiñeiro, “que é visible dende moitos puntos da provincia”.

“Esto podería ser motivo suficiente, pero a quen non lle chegue, lle diremos, que ademais dos argumentos expostos polas diferentes organizaciòns que non apoian a implantación do parque, dende o punto de vista ecolòxico, paixasístico, etc cos cales concordamos, os veciños comuneiros queremos facer valer a prevalencia, a prevalencia do que xa existe… os servizos do ecosistema.” sinalan dende a entidade.

Con sorna sinalan coa cancela #xasomosverdes que non precisan dun parque eólico argumentando contar con recursos propios naturais e produtivos que sustentan outro modelo de explotación do monte.

Auga. A parroquia e contorna beben da auga que recolle o Galiñeiro. “Auga limpa, sin contaminación, auga “verde” que permite non ter que utilizar bombeo, todo é caída libre, tubaxes menos longas…e polo tanto non contaminan.”

Reforestación “As àrbores que estamos a plantar, reconstruindo un monte queimado na sua totalidade no ano 2017, e sen axuda de ningunha institución, son o futuro da biodiversidade e a garantía de que non haberà perda de solo, nin escorrentias de auga de choiva que xeneren riadas e disminución dos acuíferos.”

Emisións “Esas mesmas arbores xa son sumidoiros de CO2 que están a contribuir cos obxetivos para deter o cambio climático que Europa quere revertir.”

Espazo natural de lecer – “Este monte é zona de esparcimento e lecer de miles de persoas que buscan nel o que as cidades lle quitan, ou simplemente facer deporte, pasear, disfrutar do contacto coa terra.”

“Como XA SOMOS VERDES, non precisamos de que 400 hectáreas do noso monte, prácticamente todo, estén a disposición dun futuro parque eólico que lonxe de mellorar a vida das persoas que vivimos… van mudar para sempre todos eses servizos ecosistémicos dos que falamos anteriormente. Caendo nunha terrible contradicción” puntualizan.

Dende a entidade lanzan unha pregunta aberta sobre como é posible que para obter un beneficio “verde” eliminemos todos os demais (beneficios) que xa existen.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...