InicioVal MiñorBaionaPais e nais do Val Miñor sairán á rúa para esixir unha...

Pais e nais do Val Miñor sairán á rúa para esixir unha volta ao cole segura

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación das Anpas do Val Miñor (FAVALMI) convoca unha concentración de protesta para o próximo 8 de setembro ás 19h no parque de San Campio na Ramallosa.

Os pais e nais convocados concentraranse para esixir á Xunta de Galicia unha planificación e toma de responsabilidades nos protocolos que quedou en mans dos equipos directivos e ANPAS.

Refírense á responsabilidade penal ou civil que teñen que asumir os respectivos presidentes/as das ANPAS no caso de que haxa algún incidente relacionado co protocolo COVID tanto nos comedores, nas aulas madruga como nas actividades extraescolares xestionadas por estas asociacións.

Neste caso toda a responsabilidade recae no presidente ou presidenta tendo que responder co seu patrimonio persoal en caso de algún incidente nestas actividades.

As ANPAS piden que sexan as administracións as que asuman esa responsabilidade xa que queda fora do ámbito de seguridade sanitaria ou laboral as competencias que poden exercer as ANPAS en xeral e os seus presidentes en particular para controlar o cumprimento dos protocolos.

Esixen tamén garantía nos comedores escolares, nas aulas matinais, as actividades extraescolares e o transporte escolar seguro.

Piden tamén a baixada da ratio nas aulas acorde ás recomendacións establecidadas polos organimos sanitarios internacionais.

Por outra banda piden un aumento do profesorados, especialmente o profesorado adicado ao alumnado con necesidades especiais e medidas para evitar a fenda dixital en caso dun novo confinamento ou de peche das aulas.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...