InicioVal MiñorNigrán100 anos do primeiro champán galego

100 anos do primeiro champán galego

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maioría dos lectores seguramente non saiban que o primeiro champan producido en Galicia, se embotellou na Ramallosa, nas primeiras décadas do século XX. A empresa Manuel Costas e Compañía foi a encargada de producir, embotellar e distribuír o Champan ‘Galicia’.

Anteriormente nunca se produciu este viño espumoso para a súa comercialización. Galicia era famosa polos seus viños novos, xa desde a época dos romanos. A principios do século pasado por iniciativa de Bautista López Valeiras, que levaba moitos anos á fronte da Vinicola Galega, asociado co viticultor da Ramallosa Manuel Costas en 1919 e ambos fundaron a Compañía Manuel Costas.

A Vinicola Galega era por aqueles anos a adega de viño máis grande de Vigo e distribuía varias marcas propias, entre elas: o Gran Viño Quinado ‘Celta’; Ponche ‘Celta’; viño branco ‘Topacio’; Veigas de Galicia ‘Peares’; Brandy ‘Perradiña‘, entre outros.

As oficinas estaban situadas en Vigo desde onde levaba a administración e a súa comercialización. Mentres que a adega e o embotellamento realizábase na Ramallosa, onde Costas tiña o seu chalé e unha extensa zona de vides. Tanto Valeiras como Costas decidiron que o champan levase o nome de Galicia, como forma distintiva de promoción. Non era fácil impor este produto no mercado galego, non existía antecedentes de produción anterior. Doutra banda era unha bebida soamente consumida nas clases altas e de forma moi puntual. O champan consumido por aqueles tempos era soamente o francés ou o cava catalán.

Publicidade do champan Galicia
Publicidade do Champán Galicia

A idea destes dous socios era realizar a distribución especialmente en restaurantes, hoteis e ultramarinos finos. Esta tarefa estaba en mans de Valeiras, que tiña unha longa experiencia e unha boa carteira de clientes, mentres que Costas era o encargado da produción, embotellamento e etiquetaxes do champan. A instalación da adega xerou varios empregos directos na Ramallosa, especialmente na tempada de recolección e embotellamento. A idea da empresa era converter aos pequenos produtores de vide da zona, en provedores da adega.

Co fin de promocionar o seu viño espumoso, realizaron varias campañas publicitarias e convidaron a importantes personalidades de Galicia a visitar as adegas en Nigrán.

Nas primeiras décadas daquel século, tanto a vila mariñeira e señorial de Baiona como a comarca do Val Miñor converteuse nun lugar de residencia da incipiente burguesía galega da provincia de Pontevedra. Empresarios, políticos e nobres e indianos habían construídos as súas mansións especialmente para ser utilizadas nos meses do verán.

Pero, a pesar do entusiasmo posto por Valeiras e Costas neste emprendimiento, en 1925 disolveron a compañía.

Un artigo de Lois Pérez Leira en historiadegalicia.gal

ÚLTIMAS

As organizacións de maiores de toda España chaman desde Vigo a acabar coa “enfermidade silenciosa” do edadismo

O XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores, celebrado desde este xoves en Vigo,...

Zona Franca e Concello envían finalmente á Xunta o convenio para “desbloquear” a ETEA: “Podemos asinar mañá”

Zona Franca e Concello de Vigo anunciaron este venres o envío das últimas achegas do convenio...

Investigan as queimaduras no estómago dun home tras beber auga con gas nunha tapería da rúa Pizarro: “Foi unha dor insoportable”

A Policía Nacional investiga as queimaduras rexistradas no esófago e no estómago dun home tras beber...

A alcaldesa de Redondela anuncia unha cuestión de confianza tras o ‘non’ de PP e BNG aos orzamentos de 2025

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas (PSOE), confirmou a presentación dunha cuestión de confianza despois de...