InicioSociedadeVentos de máis de 100 quilómetros por hora en Oia

Ventos de máis de 100 quilómetros por hora en Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vento alcanzou case 101 quilómetros por hora  na xornada do xoves con motivo do paso dunha borrasca que deixou, ademais, a precipitación máxima acumulada, con 83,5 litros por metro cadrado, en Lousame (A Coruña).

Así consta nos rexistros significativos de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, nos que se reflicte que foron localidades con altitude menor de 900 metros as que rexistraron os refachos de vento máximas entre a tarde e noite do xoves.

Os máximos refachos foron os 119,9 quilómetros por hora no municipio pontevedrés de Cuntis. Pero tamén superaron os 113,6 en Vimianzo (A Coruña) ou os 108,4 en Viveiro (Lugo).

En canto á choiva, os rexistros máis significativos corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros como a coruñesa de Lousame (83,5 litros por metro cadrado) e ás pontevedresas de Cuntis (58,4), Fornelos de Montes (53,2), Meis (50,8) e Poio (49,6)

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...