InicioVal MiñorBaionaPiden 7 anos de cárcere para un home que quixo bicar a...

Piden 7 anos de cárcere para un home que quixo bicar a unha muller e a dunha nena na festa da Arribada

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman sete anos e medio de cárcere para un home acusado de dous delitos de abusos sexuais, por tentar bicar a unha muller e a unha nena durante a celebración da festa da Arribada en Baiona (Pontevedra).

O acusado, R.A., será xulgado este mércores na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Os feitos remóntanse a marzo do 2018 cando o acusado, que ten antecedentes por abusos sexuais, achegouse a unha muller, agarrouna fortemente pola cintura, e suxeitoulle a cara, á vez que se achegaba para bicala. A muller resistiuse e logrou zafarse, axudada por varias persoas que a acompañaban.

Horas máis tarde, tamén durante a celebración da Arribada, o acusado achegouse a unha nena de 4 anos que se atopaba cos seus pais nun local de Baiona con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais. Achegouse a ela en varias ocasións, molestándoa e tentando darlle para comer, a pesar da negativa dos seus pais.

Nun momento de determinado, agarrouna polos ombreiros desde atrás e achegouse á súa cara coa intención de bicala na boca, “asustando gravemente” á nena, ante o que tiveron que intervir os proxenitores para afastalo.

Por estes feitos, e tendo en conta a circunstancia agravante de reincidencia, a Fiscalía pide que se lle condene, por un delito de abusos, a dous anos e medio de cárcere, á medida de liberdade vixiada durante tres anos -unha vez cumprida a pena de prisión– e impóñaselle a realización de programas formativos de reeducación sexual.

Polo segundo delito de abusos sexuais, pide a pena de 5 anos de cárcere, liberdade vixiada durante 8 anos tras a saída de prisión, e a obrigación de participar en programas de reeducación sexual. Ademais, o ministerio público reclama que indemnice en 500 euros a cada unha das vítimas.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...