InicioVal MiñorGondomarO PP de Gondomar convoca unha concentración polo Día de Ceuta no...

O PP de Gondomar convoca unha concentración polo Día de Ceuta no mesmo lugar e hora que unha actividade municipal programada

A doutrina do Tribunal Supremo deixou claro que os actos institucionais deben contar co consenso dos grupos municipais e evitar o uso partidista das institucións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Partido Popular de Gondomar difundiu este martes, 1 de setembro, unha convocatoria para unha concentración de apoio a Ceuta, prevista para o mércores 2 ás 20:00 horas na Praza do Concello. O cartel, presentado como parte dunha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), chama á veciñanza a participar baixo o lema “Todos con Ceuta”.

Porén, a convocatoria non é oficial da FEMP, xa que non foi aprobada polos seus órganos consultivos nin deliberativos, senón impulsada directamente pola presidenta da federación, pertencente ao Partido Popular. Diversos concellos e representantes locais xa expresaron o seu malestar por esta situación, ao considerar que se trata dunha acción politizada e un uso partidista das institucións municipais, dado que se promove “en nome dos concellos” sen acordo plenario.

Paula Bouzós defende a iniciativa

A presidenta do PP de Gondomar e Deputada provincial de Igualdade, Paula Bouzós, defendeu o chamamento afirmando que

“Cando a comunidade chama, Gondomar responde. A solidariedade non entende de silencios: entende de presenza, de apoio e de compromiso. Hoxe compartimos este chamamento porque a veciñanza merece estar presente en cada iniciativa que nos une como comunidade. A participación cidadá constrúe concellos máis xustos, máis fortes e máis humanos.”

Coincidencia con unha actividade familiar

A concentración convocada polo PP coincide no mesmo lugar, día e hora cunha actividade deportiva organizada polo Concello de Gondomar desde o pasado 29 de agosto: unha sesión aberta de Zumba ao aire libre, pensada para fomentar o deporte e a convivencia familiar. A coincidencia de ambos eventos á mesma hora na Praza do Concello ameaza a un choque institucional co PP de Gondomar por convocala nun espazo público xa reservado.

https://www.facebook.com/share/p/1E2BmTymKa/

Contexto e debate institucional

A polémica sobre estas convocatorias evidencia a tensión entre o papel institucional da FEMP e o uso político das súas iniciativas. Mentres algúns concellos decidiron sumarse á proposta, outros optaron por non participar ou facelo sen carácter institucional, para preservar a neutralidade e o consenso político.

A situación abre un debate sobre a lexitimidade institucional destas accións e sobre a necesidade de respectar os espazos públicos e as programacións municipais xa establecidas.

A normativa de réxime local establece que os posicionamentos políticos da Corporación deben aprobarse en pleno, xa que é o órgano de representación da cidadanía.

Por tanto, un concello non pode asumir institucionalmente unha convocatoria política sen acordo formal, aínda que o goberno local si pode participar a título político.

A doutrina do Tribunal Supremo sobre democracia local reforza esta idea: os actos institucionais deben contar co consenso dos grupos municipais e evitar o uso partidista das institucións.

Contramanifestación contra o odio en Nigrán

Mentres tanto, o Colectivo Marea Feminista de Nigrán convocou tamén para este mércores ás 20:00 horas unha concentración na Capela de San Campio (A Ramallosa) baixo o lema “Sociedade organizada contra o odio”. O acto, de carácter reivindicativo e feminista, busca visibilizar a oposición ás violencias interseccionais e promover unha resposta social fronte ao discurso de odio.

Segundo o cartel difundido polo colectivo, a convocatoria pretende defender a convivencia e os dereitos humanos fronte a calquera forma de discriminación, e chama á participación cidadá como ferramenta de unión e resistencia pacífica.

Actualización

O PP de Gondomar elimina a convocatoria inicial logo das críticas recibidas en redes sociais, e empraza aos simpatizantes a un novo punto de encontro na Rúa Angel Urzaiz de Gondomar. “Por un Gondomar sen medo. Por un Gondomar de 10 ” reza o cartaz publicado en redes.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...