InicioVal MiñorGondomar"Sen prazas suficientes, impuntualidade e horarios incomprensibles" As principais queixas polo transporte...

“Sen prazas suficientes, impuntualidade e horarios incomprensibles” As principais queixas polo transporte no Val Miñor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea Veciñal por un Transporte Digno para Gondomar (AVTG) presentou recentemente reclamacións perante a Xunta de Galicia e a empresa concesionaria do servizo metropolitano de transporte, LUGOVE, en relación ás deficiencias detectadas no servizo de transporte público que afectan os usuarios deste concello e particular, ainda que extensible a todos os concellos onde a concesionaria presta servizo.

Os usuarios transmitiron queixas especificamente ao redor da denominada liña 3 Gondomar-Vigo. En concreto, manifestáronse problemas coa viaxe que sae ás 6:15h desde a zona do Baixo Miño e pasa pola estación de autobuses de Gondomar ao redor das 7:15h, con destino a Vigo atravesando as parroquias de Vincios e Valadares.

Esta é unha frecuencia moi demandada por estudantes e traballadores que se desprazan a centros educativos ou laborais da cidade de Vigo. Debido á elevada demanda, en numerosas ocasións cando o autobús chega ás paradas de Vincios, unha das parroquias máis poboadas do municipio de Gondomar, non hai suficientes prazas dispoñibles e moitos usuarios “quedan en terra” sen poder subir.

Esta situación xera importantes inconvenientes e atrasos para os viaxeiros, que poden verse obrigados a esperar ao seguinte autobús ou buscar alternativas de transporte, o cal repercute negativamente na súa puntualidade e comodidade. A AVTG solicitou ás autoridades competentes e á empresa concesionaria que tomen medidas urxentes para mellorar a capacidade e a frecuencia desta liña crave, de modo que se poidan satisfacer adecuadamente as necesidades de mobilidade da poboación.

Desde a a AVTG identificáronse varios problemas co transporte público na comarca que necesitan ser abordados. Un dos principais é a falta de capacidade en determinados horarios punta. Especificamente, denúnciase que na liña de autobús hai momentos nos que os autobuses van completamente cheos, sen poder acoller a todos os usuarios que necesitan viaxar. Desde a AVTG solicitan tanto á empresa concesionaria como ao Servizo de Movilidade da Xunta de Galicia que reforcen esa liña nese horario, e en calquera outros en que sexa necesario, para asegurar que todas as persoas teñan praza garantida e non queden sen poder acceder ao servizo.

Pero os problemas do transporte público en Galicia non se limitan á insuficiencia de oferta en certos momentos. Outra das razóns que fai que o transporte público non conte con máis usuarias é a falta de fiabilidade e puntualidade. “As queixas máis comúns teñen a ver cos desfasamentos nos horarios e coa consecuente incerteza á hora de esperar nunha parada”, apuntan desde a AVTG. Isto xera frustración entre os usuarios, que non poden confiar en chegar a tempo ao seu destino para cuestións básicas como unha cita médica. Para abordar esta cuestión, a asociación volverá solicitar que adecúen os horarios ao tempo real de cada itinerario, tendo en conta as variables como as complicacións do tráfico na cidade ou as franxas de maior demanda.

Outro aspecto para mellorar, que pode parecer pequeno pero que non o é, é o formato dos horarios. “Moita xente quéixase de que non se entenden, e con razón, porque “serán moi creativos e vistosos nas cores, pero non son nada intuitivos”, critican desde a AVTG. Uns horarios claros e de fácil comprensión son fundamentais para que o transporte público resulte accesible e atractivo para a cidadanía. Por iso, a asociación tamén reivindicará que se traballe en redeseñar estes soportes informativos.

A AVTG expón tres retos clave para mellorar o transporte público: aumentar a capacidade en horas punta, garantir a fiabilidade e puntualidade dos servizos, e facer que os horarios e información ao usuario sexan máis intuitivos e sinxelos de entender. “Soamente abordando de maneira integral estas cuestións poderase lograr que o transporte colectivo convértase nunha opción realmente atractiva e accesible para a cidadanía.”

A Asemblea insta á empresa Lugove, encargada do servizo de transporte público na comarca, e á Xunta de Galicia, o goberno autonómico encargado da licitación pública do contrato de transporte, a introducir as melloras necesarias para asegurar un servizo de transporte público básico de calidade. Este servizo é un elemento imprescindible para garantir a mobilidade das persoas, especialmente daquelas con menos recursos ou con dificultades de acceso ao transporte privado.

ÚLTIMAS

Confirmado como crime machista a morte da nova de 36 anos atopada o venres en Baiona

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este luns que Estela B.S., de...

Vigo activará o plan especial para tráfico no Nadal este sábado coincidindo co aceso da iluminación para as festas

O Concello de Vigo activará este sábado o seu plan especial de tráfico e...

ANPAS de Vigo entregan mil firmas no Concello para a axilización de bolsas de comedor

Representantes da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS) presentaron este luns no rexistro do Concello...

A UVigo dentro do estudo internacional máis ambicioso sobre neutrinos

Investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) da Universidade...