InicioSucesosInvestigan a sete menores de Baiona por acosar a un compañeiro nun...

Investigan a sete menores de Baiona por acosar a un compañeiro nun instituto de Nigrán

PUBLICADO O

Garda Civil de Baiona investiga a sete menores de idade de entre 14 e 16 anos por acosar a un compañeiro de instituto escolar a un alumno do mesmo instituto, situado en Nigrán. Os pais do alumno presentaron unha denuncia ante a Garda Civil polo acoso que, segundo trasladou o Instituto Armado, padece o seu fillo desde o curso pasado.

Desde entón, os investigados profiren burlas e insultos cara á vítima, unhas vexacións que se foron incrementando ao longo deste curso, no que empezaron a pedirlle diñeiro. Ademais, tamén chegou a ser agredido fisicamente por negarse a dar diñeiro aos acosadores, aos que se investiga por un presunto delito de trato degradante, coaccións, ameazas e malos tratos de obra sen lesión. As dilixencias instruídas foron remitidas á Fiscalía de Menores de Pontevedra.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias...

Traballadores de limpeza de Pontevedra protestan ante Limpezas Cíes por un convenio “xusto” que inclúa revisión salarial e redución de xornada

Un cento de traballadores de limpeza da provincia de Pontevedra concentráronse este mércores en...

Stellantis anuncia que venderá coches eléctricos chineses desde Vigo

O conselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, anunciou este martes que a 'joint venture'...