InicioVal MiñorBaionaSalvan a tres holandeses cuxo barco embarrancou en Baiona

Salvan a tres holandeses cuxo barco embarrancou en Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas de orixe holandesa foron rescatadas polo helicóptero Pesca I despois de encallar a súa embarcación nunha zona rochosa das Illas Serragueiras, en Baiona (Pontevedra). Os tres afectados foron trasladados ao Aeroporto de Vigo para ser atendidos por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.

O impacto da embarcación contra as rochas provocou á tripulación algúns golpes, polo que desde o 112 solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia. Os tres afectados foron trasladados ao Aeroporto de Vigo para ser atendidos por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os servizos de emerxencia recibiron o aviso pasada a unha da madrugada despois de que se abrira unha vía de auga nos baixos da embarcación. Tras a alerta, Salvamento Marítimo enviou á zona a Salvamar Mirach e pediu a colaboración dos efectivos do Servizo de Gardacostas de Galicia, que a bordo da Pesca-I rescataron ao tres tripulantes.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...