InicioVal MiñorNigránA Fiscalía pide 12 anos de cárcere para unha veciña de Nigrán...

A Fiscalía pide 12 anos de cárcere para unha veciña de Nigrán acusado de causar varios lumes forestais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 19, a unha muller acusada de provocar tres incendios forestais, e tentalo unha cuarta vez, nun monte próximo á súa vivenda no verán de 2020.

Segundo o escrito de Fiscalía, que pide para ela 12 anos de prisión, os feitos sucederon durante o mes de agosto de 2020, cando a muller foi sorprendida en varias ocasións prendendo lume á maleza e o monte próximo á súa vivenda, no lugar de Nandín

En concreto, sobre as 20,30 horas do 2 de agosto dirixiuse a pé ata unha zona de monte próxima á súa vivenda e prendeu lume a un papel, que lanzou a unhas matogueiras que comezaron a arder. Un veciño que foi testemuña dos feitos e avisou á Garda Civil permitiu extinguir con rapidez as chamas, que afectaron a uns 20 metros cadrados.

Posteriormente, o 9 de agosto, a muller introduciuse nun camiño de monte da mesma parroquia e prendeu lume á maleza cun chisqueiro que portaba, á vez que avivou as chamas con aceite e dúas pastillas de acelerante. Cando regresaba ao seu domicilio, as chamas foron advertidas por unhas veciñas e varios condutores, que alertaron aos servizos de extinción. Á chegada dunha patrulla da Policía Local, que lle incautou un chisqueiro, o aceite e as pastillas acelerantes, a muller simulou un desmaio.

O escrito de Fiscalía recolle que a muller volveu tentar prender lume ese mesmo día, lanzando desde o seu domicilio papeis ardendo á maleza, aínda que nesta ocasión non o logrou dado que a zona estaba húmida dos labores previos de extinción.

Finalmente, impútaselle outro incendio producido o 10 de agosto, sobre as 23:25 horas, tras lanzar papeis acesos cara á maleza.

A muller, que tiña 60 anos no momento dos feitos, sofre «un trastorno adaptativo crónico» que non afecta as súas facultades intelectuais pero «pode condicionar lixeiramente a súa vontade», considera o Ministerio Público.

O fiscal considera os feitos constitutivos de tres delitos de incendio forestal, por cada un dos cales pide catro anos de cárcere para a procesada. Así mesmo, reclama que se lle impoña unha multa de 6.000 euros e que resarza os gastos de extinción.

A Fiscalía solicitou unha pena de 12 anos de prisión para un veciño de Nigrán de 60 anos por causar varios incendios forestais nas inmediacións da súa vivenda e na dos seus veciños.

Os feitos remóntanse ao mes de agosto de 2020, cando comexou a lanzar papeis ardendo “cara ás matogueiras”. Estes episodios producíronse durante tres días case seguidos, tal e como se recolle no escrito do Ministerio Fiscal.

Nun dos casos, o acusado chegou a prender lume “cun chisqueiro que portaba, na vexetación existente”, manipulando á súa vez unha botella de aceite baleira “que lanzou con dúas pastillas de acelerante de lume ao lugar”.

Foron veciños e condutores que pasaban polo lugar os que alertaron aos servizos de extinción.

Resalta a Fiscalía que nas mesmas datas e lugares producíronse outros dous conatos de incendio aínda que “non puido acreditarse a súa autoría”.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...