InicioVigo e contornaMosIncautan máis de 12.000 produtos da marca Pokemon en Mos supostamente falsificados

Incautan máis de 12.000 produtos da marca Pokemon en Mos supostamente falsificados

Foi a Patrulla Fiscal e Fronteiras da Comandancia de Pontevedra a que o pasado día 3 de novembro efectuou unha inspección en dous establecementos por xunto situados na avenida de Peinador de Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse de máis de 12.300 produtos da marca rexistrada Pokemon supostamente falsificados ao carecer de etiquetaxe e embalaxe na localidade pontevedresa de Mos.

Tal como informou a Benemérita nun comunicado, trátase de peluches, xogos de mesa, álbums, gorros, mochilas, botellas, huchas, cuncas, llaveros e outros artigos de merchandising de Pokemon.

Foi a Patrulla Fiscal e Fronteiras da Comandancia de Pontevedra a que o pasado día 3 de novembro efectuou unha inspección en dous establecementos por xunto situados na avenida de Peinador de Mos.

A mercadoría, toda ela de orixe asiática, carecía da correspondente licenza para a súa venda de Nintendo. O valor de mercado da mesma podería ascender a 150.000 euros. Por iso, os produtos intervidos puxéronse a disposición do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...