InicioSucesosDetido en Vigo tras apalpar a unha moza no medio da rúa

Detido en Vigo tras apalpar a unha moza no medio da rúa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo este pasado domingo a un home, M.D.D.A.G., de Portugal e 30 anos de idade, tras supostamente apalpar e dar unha palmada nas nádegas a unha moza, tamén portuguesa e 23 anos de idade.

Foi na rúa Inés Pérez de Zeta cando os axentes foron requiridos por un home, que lles informou de que un grupo de persoas tiña retido a un home nas proximidades. Unha vez alí, atopáronse cunha muller “moi alterada e nerviosa”, que manifestou que o home lle deu unha palmada no cu e a apalpara.

O home, que estaba a ser agarrado por outras dúas persoas, logrou zafarse e emprendeu a súa fuxida, sendo alcanzado a poucos metros. Despois de que testemuñas dos feitos apoiasen a versión da vítima, o home foi detido como presunto autor dun delito de agresión sexual.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...