InicioSucesosUn home, ferido grave en Vigo tras ser mordido por un can

Un home, ferido grave en Vigo tras ser mordido por un can

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido grave en Vigo o pasado domingo, 24 de xullo, tras ser mordido por un can á altura do número 2 do Camiño Regueiro.

Tal como informaron fontes coñecedoras do asunto a Europa Press, os feitos ocorreron sobre as 22,45 horas e foi a Policía Local a que se desprazou ao lugar, atopándose ao home no chan xunto ao muro de peche dunha leira.

O home estaba a sangrar de forma abundante, presentando un racho no brazo dereito á altura do antebrazo, desde onde se podía observar o óso. Ademais, tiña rabuñazos en todo o corpo.

O propio ferido informou que ao tratar de acceder á leira para saudar ao propietario fora agredido por un can. Por todo iso, foi trasladado ao hospital Povisa debido ao alcance das lesións. O propio ferido informou de que é coñecido do propietario da leira e pasou pola mesma para saudalo. Por iso, sen acceder ao seu interior, meteu o seu brazo entre os barrotes da porta de peche, momento que foi atacado polos cans, logrando o home retirar o brazo. Por todo iso, foi trasladado ao hospital Povisa debido ao alcance das lesións.

Segundo informou a Policía Local nun comunicado, no interior da leira había tres cans, dous deles de raza perigosa (American Staford) e unha femia de pastor belga. Os dous American Staford foron retirados e trasladados a unha protectora debido a que o seu propietario carecía de licenza, seguro e non tiña aos cans inscritos no rexistro de animais perigosos do Concello de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...