InicioSucesosUnha muller trasladada despois de calcinarse por completo a súa vivenda en...

Unha muller trasladada despois de calcinarse por completo a súa vivenda en Moaña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser trasladada ao Hospital Povisa de Vigo na madrugada deste domingo despois de que un incendio na súa vivenda calcinase por completo o seu domicilio situado na Rúa das Barxas, no municipio pontevedrés de Moaña.

Segundo informou o 112 Galicia, o lume iniciouse pasadas as 01,30 horas no comedor do piso e as chamas afectaron as vivendas contiguas ao inmoble. Ademais, de forma preventiva, a planta do domicilio afectada foi desaloxada mentres duraron as tarefas de extinción.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste incidente a través dunha persoa particular, que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) para informar dun lume na súa vivenda. Ademais, nesta mesma chamada indicada que varias persoas non podían saír da vivenda.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia deu aviso do incendio a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e de Vigo, á Garda Civil e á Policía Local.

ARDE UN SALÓN EN SANTIAGO

Por outra banda, o 112 Galicia tamén informou dun incendio declarado nunha vivenda da Rúa Teo, en Santiago de Compostela, que calcinou o salón do inmoble.

Varios particulares alertaron deste incendio ao 112 Galicia pouco antes das 22,00 horas deste sábado. Así, os xestores da central de emerxencias mobilizaron aos Bombeiros de Santiago, aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como de Protección Civil da localidade e, como medida preventiva, aos servizos sanitarios.

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...