InicioVal MiñorGondomarDetida unha empregada de fogar por roubar xoias nas vivendas nas que...

Detida unha empregada de fogar por roubar xoias nas vivendas nas que traballaba

Está acusada por roubo en dúas vivendas do mesmo propietario nas que traballaba, situadas en Gondomar e en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo unha veciña da localidade de Gondomar, de 35 anos de idade, por presuntamente subtraer xoias nas vivendas onde efectuaba os labores de limpeza.

Tal como informou a Benemérita, está acusada de furtar un lote de xoias en dúas vivendas do mesmo propietario nas que traballaba, situadas en Gondomar e en Vigo.

A investigación iniciouse despois de que o propietario denunciase a subtracción dunha importante cantidade de xoias e unha cubertería, valoradas en case 11.000 euros. Ante a falta de signos de violencia física dos dous inmobles, a Garda Civil orientou as investigacións sobre a contorna social dos propietarios, que tiñan acceso a ambos os domicilios.

Desta forma, pescudouse que a presunta autora dos furtos fora a persoa que realizaba os labores de limpeza. As sospeitas corroboráronse cando se puido constatar que parte das xoias vendéraas nunha tenda de compravenda de obxectos usados en Vigo. O resto gardábaas no seu domicilio.

A detida foi posta en liberdade en sede policial e as dilixencias instruídas entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...