InicioSucesosUn raio provoca o incendio de dous edificios e o desaloxo de...

Un raio provoca o incendio de dous edificios e o desaloxo de 40 persoas en Moaña

Uns 40 veciños foron desaloxados por mor dos incendios provocados por un raio que caeu en dous edificios situados na Avenida José Costa Alonso, en Moaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ao redor de 40 veciños foron desaloxados por mor dos incendios provocados por un raio que caeu en dous edificios situados na Avenida José Costa Alonso, en Moaña, ao redor das 23:00 horas deste venres 17 de marzo.

O servizo de Emerxencias 112 Galicia indicou que, segundo informaron os bombeiros, o raio alcanzou unha tubaxe de gas nun edificio e un tellado no outro, situado a uns 30 metros de distancia, o que provocou que o lume se propagase até o punto de calcinar a totalidade dos trasteiros.

Foron os veciños do inmoble situado enfronte os que alertaron tanto aos afectados como ao persoal do 112 Galicia, que puxo en marcha un operativo no que participaron os bombeiros de O Morrazo, Vigo e O Baixo Miño.

Por unha banda, as actuacións centráronse en neutralizar o lume na tubaxe de gas. Sufriu fugas que enseguida foron controladas mediante a interrupción da subministración e a ventilación do edificio. Por outra banda, actuouse para sufocar o incendio do tellado do outro inmoble e que chegou a calcinar a totalidade dos trasteiros.

Co fin de garantir a seguridade dos veciños, os axentes da Garda Civil procederon ao desaloxo de ambos os edificios mentres duraron os traballos de extinción. Unha vez finalizados, os veciños puideron regresar ás súas vivendas.

O operativo activouse ás 23:00 horas do venres, cando se recibiron no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 varias chamadas de particulares informando o suceso.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...