InicioSucesosBaixan os casos activos da Covid pero aumentan as hospitalizacións

Baixan os casos activos da Covid pero aumentan as hospitalizacións

Nas últimas horas foron 12 os novos pacientes ingresados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os hospitalizados pola Covid-19 volven superar os 700 no conxunto de Galicia ao ascender a 745, que supoñen 70 máis que a xornada do sábado –xa que na do domingo non se actualizan datos–, dos cales 21 atópanse en UCI. Pola súa banda, os casos activos descenden a 16.581, que implican uns 1.400 menos, e a taxa de positividade segue moi alta, no 32,74 por cento, seis veces por riba do recomendado pola OMS.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, ascenden a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 724 as ingresadas en unidades convencionais –68 máis–, mentres que 15.836 permanecen en seguimento nos seus domicilios. 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e soamente se alivia na de Ferrol. Mentres, na de Vigo, mantéñense dous en críticos e soben a 88 os doutras unidades –12 máis–.

BAIXAS OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos cambian de tendencia e descenden no conxunto de Galicia ata os 16.581, que implican 1.406 menos que o sábado pasado, ao haber máis altas (3.443) que contaxios (2.039) nos últimos dous días, ao que se engaden dous falecementos. 

O descenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (-404). Deste xeito, queda con 2.411 casos activos.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...

Vigo defende e loita pola súa sanidade pública

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo para esixir a "reconstrución"...