InicioVigo e contornaVigoAsalto a unha capela no Porriño: "levaron os donativos do lampadario"

Asalto a unha capela no Porriño: “levaron os donativos do lampadario”

Os asaltantes provocaron tamén danos no altar e varias imaxes relixiosas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil e a Policía Local do Porriño abriron unha investigación para identificar os autores dun roubo con forza cometido a pasada noite na capela de San Benito, de onde foi subtraído un lampadario con donativos no seu interior.

Fontes municipais do Porriño informaron do suceso rexistrado neste recinto relixioso, onde desprazouse o alcalde da localidade, Manuel Alejandro Lorenzo, para comprobar os danos. Os ladróns, ademais de roubar o lampadario (moble onde os fregueses depositan os seus donativos e acenden veas), causaron importantes danos no mobiliario, no altar e en varias imaxes. O rexedor do Porriño expresou a súa “rotunda condena” polo ocorrido, que supón “non só un gran dano patrimonial”, senón tamén un dano ao “sentir de moitos porriñeses e porriñesas”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...