InicioSucesosDesarticulada unha organización afincada no Rosal que cometeu ata cen furtos en...

Desarticulada unha organización afincada no Rosal que cometeu ata cen furtos en Portugal

Chegaron a roubar bens por valor de 2 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil e a GNR de Portugal desarticularon, nun operativo conxunto, unha organización de delincuentes aos que se atribúen máis dun centenar de roubos en vivendas do norte de Portugal, e que estaban fincados nunha vivenda dunha zona rural do Rosal.

No marco da operación ‘Gervera-Arvoredo’ foron detidas dúas persoas, e interviñéronse xoias, diñeiro en metálico, inhibidores de frecuencia, ‘walkie-talkies’, móbiles, vehículos de alta gama, ou ferramentas, entre outros efectos. As investigacións iniciáronse en novembro do ano pasado, ao detectarse un importante aumento na comisión de roubos con forza no interior de vivendas habitadas do norte de Portugal.

As pescudas do Instituto Armado e da GNR permitiron esbozar un perfil dos sospeitosos, e situar a súa residencia eventual no Rosal. Desde alí, desprazábanse ao país veciño a cometer os roubos, en vehículos con placas de matrícula falsas, chegando a percorrer ata 100 quilómetros para cometer os delitos.

Os integrantes da banda elixían vivendas que, pola súa aparencia, puidesen ter no seu interior obxectos de valor, e centraban a súa atención nas xoias, diñeiro en metálico, ou roupa e complementos de firmas de luxo; así chegaron a roubar bens por valor de 2 millóns de euros. Actuaban con gran rapidez e eran capaces de desvalixar caixas fortes nun curto espazo de tempo.

Axentes da GNR detiveron a dúas dos integrantes do grupo, mentres que un terceiro logrou fuxir conducindo un coche de policía portugués. Posteriormente, este vehículo foi recuperado por axentes da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Garda Civil de Pontevedra.

Os dous sospeitosos detidos, de orixe albanokosovar e cun amplo historial delituoso, foron postos a disposición xudicial en Portugal, e decretouse o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...