InicioSucesosO Xulgado arquiva a causa contra un dos detidos pola brutal malleira...

O Xulgado arquiva a causa contra un dos detidos pola brutal malleira a dous mozos en Vigo

Outros dous homes foron detidos, un dos cales foi mandado a prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 8 de Vigo arquivou a causa contra o primeiro mozo vigués que foi detido pola súa posible vinculación coa brutal agresión a dous homes de 20 e 21 anos na cidade, ocorrida o pasado 30 de xaneiro.

Tal como informaron fontes xudiciais, o xulgado decretou o sobresemento provisional e consecuente arquivo da causa respecto ao primeiro detido por esta brutal malleira en plena rúa no centro de Vigo.

Todo iso ao “desvanecerse” os indicios inicialmente barallados e que conduciron á súa inicial imputación“. Ademais, o xulgado acordou levantar o segredo das actuacións.

Isto ocorre uns días despois de que a Policía Nacional detivese a outros dous homes en Ourense relacionados coa malleira. Un dos cales foi enviado a prisión provisional e sen fianza o pasado 15 de febreiro.

Os feitos ocorreron o pasado 30 de xaneiro na rúa María Berdiales de Vigo, onde dous mozos recibiron unha brutal malleira. Cando os axentes chegaron ao lugar, atopáronse con dous mozos, vítimas da malleira, un deles coa cara ensanguentada e o outro seminconsciente. Ambos tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro. Pola súa banda, os agresores fuxiran á carreira.

Dous días despois dos feitos, un home foi detido como presunto autor da malleira, aínda que posteriormente foi posto en liberdade con cargos e agora arquivouse a causa. Máis tarde, outros dous homes foron detidos, un dos cales foi mandado a prisión.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...