InicioVigo e contornaO PorriñoAsasinado a tiros un porriñés nun intento de roubo do seu coche...

Asasinado a tiros un porriñés nun intento de roubo do seu coche en México

Ocorreu na colonia Las Huertas, na cidade de Naucalpan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo natural do Porriño, Sergio Fernández, faleceu ao ser tiroteado nun intento de roubo do seu coche na colonia Las Huertas, na cidade de Naucalpan (México), país no que residía, segundo informan medios locais mexicanos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, expresou que os veciños do concello están “apenados” pola morte dunha persoa “moi coñecida” que “tiña moitos amigos aquí”.

Destaca que tiña un “palmarés moi importante” como fisioculturista, ademais de traballar como adestrador persoal e montar o seu propio ximnasio en México. No país americano tiña un fillo pequeno cunha moza mexicana.

O rexedor explica que trasladou as súas condolencias á familia da vítima, cuxos pais residen no Porriño. “Sentimos moito que perdemos un veciño do noso concello”, explica.

Sobre o suceso, o alcalde indica que se cre que o porriñés “saía do seu ximnasio” cando tentaron roubarlle coche, “enfrontouse un pouco a eles e pasou esta desgraza do asasinato”.

O Concello do Porriño colocou as bandeiras a media hasta e gardarase un minuto de silencio no pleno desta tarde de mércores.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...